Certificación de Xestión Forestal e Cadea de Custodia

Certifica a túa xestión forestal ou cadea de custodia na modalidade de grupo

Grupo de certificación

SELGA Xestión Forestal Sostible

A certificación forestal é un proceso voluntario polo cal un terceiro, independente á xestión e a través dun proceso de auditoría, certifica que a xestión dunha determinada superficie forestal axústase aos requisitos establecidos na normas ou estándares de certificación que correspondan. No mundo existen varios sistemas de certificación forestal sendo os os máis representativos son o Sistema PEFCTM e o Sistema FSC®.

O sistema de certificación forestal PEFC, na súa modalidade de grupo, baséase na certificación de unidades de xestión nas que os seus propietarios ou xestores comprometéronse, de forma activa e voluntaria, a cumprir normas de xestión forestal sostible do Sistema PEFCTM. Pola súa parte, el Forest Stewardship Council® (FSC®-C118460) desenvolveu unha serie de principios e criterios que, no caso de ser cumpridos, garanten o nivel mínimo que se pode esixir para a xestión forestal en calquera lugar do mundo.

Dado que unha xestión forestal sostible pode alcanzarse de maneira distinta segundo as características particulares de cada país, os dous sistemas de certificación promoven o desenvolvemento de indicadores e verificadores a nivel rexional e nacional, o que permiten avaliar o seu cumprimento a escala local.

Na actualidade, SELGA conta con dous certificados de xestión forestal sostible, PEFC e FSC, así como dous de cadea de custodia, tamén PEFC e FSC.

Estatísticas

SELGA Xestión Forestal Sostible

Número de xestores adscritos

Número de empresas Grupo CdC

Número hectáreas certificadas PEFC

Número hectáreas certificadas FSC

Verifica os teus certificados aquí

Introduce o teu código para verificar o teu certificado

    Comprobar certificados