A Entidade de Grupo conta con instrucións para o desenvolvemento dos traballos de xestión forestal en todos aqueles montes incluídos nalgunha das unidades de certificación de grupo xestionadas por SELGA Xestión Forestal Sostible.
Un primeiro documento, Instrucións e condicións técnicas para traballos de xestión forestal (SLG-MAN-04) contén unhas normas que, si ben non son de obrigado cumprimento para os adscritos, si é certo que supoñen un bo marco de actuación que permitiría cumprir, de xeito amplo, coa lexislación vixente e as normas e estándares de certificación forestal.
De forma paralela, e tendo en conta que a seguridade no desenvolvemento dos traballos resulta fundamental para acadar unha xestión forestal sustentable ao longo do tempo, elaborouse un Manual de Seguridade e Saúde (SLG-MAN-05), co obxectivo de reducir o número de accidentes no desenvolvemento da actividade silvícola.
Ademais, cóntanse con dúas publicacións referentes ao traballos de podas que poden resultar de interese para as persoas e entidades adscritas: un manual de silvicultura e poda forestal e un díptico sobre podas. Como complemento a estas dúas publicacións, o número 52 da revista O Monte, editada pola Asociación Forestal de Galicia, contén un artigo sobre poda na súa condición de traballo esencial para acadar madeira de calidade. Nesta mesma revista, no seu número 53, pode atoparse un interesante artigo sobre os traballos de desmestas e rareos nas plantación forestais.
Nos traballos de repoboación resulta crucial a elección da especie adecuada. O Manual sobre a elección da especie nas plantacións forestais trata de ser unha guía para acertar en dita elección. Xunto con este manual, tamén está a disposición do adscrito a Guía sobre o cultivo do eucalipto, así como tres folletos de entidades que comercializan planta en Galicia: Ence, Vifoga e Mañente.
O Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible, co obxectivo de facer doada a implantación dun adecuado sistema de xestión forestal desenvolve unha serie de modelos silvícolas a partires dunhas Fontes de información (SLG-MAN-26) tanto de Galicia como de Asturias, cunhas garantías e credibilidade suficiente como para permitir asegurar que a súa adecuación a eses montes é moi elevada. Ademais, cóntase con manuais de cinco especies de frondosas autóctonas, que calquera dos adscritos ao Grupo pode solicitar: Bidueiro, carballo; castiñeiro; freixo e nogueira.
Como complemento a todo o anterior, cóntase cunha serie de Fichas das especies forestais (SLG-MAN-28) onde se poden atopar a maior parte das especies que contan cunha maior presencia no noroeste peninsular.
Por outro lado, e en relación coa problemática derivada da presencia e expansión das especies invasoras e posibles enfermidades que poidan ameazar ás masas existentes nunha determinada unidade de xestión, os adscritos ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible contan cun Manual para o control de especies invasoras (SLG-MAN-23). Ademais, cóntase cun manual de sanidade forestal que sirve de guía para identificar as doenzas que poden aparecer nas diferentes masas arborizadas dos montes incluídos nas unidades de certificación de grupo.
Para axudar na identificación das pragas e enfermidades más comúns que se poden atopar no noroeste peninsular, o Grupo elaborou unha Guía sobre fauna, sotobosque, pragas e enfermidades (SLG-MAN-27) onde se describen as enfermidades máis comúns.
Para establecer o grado de incidencia dunha determinada praga ou enfermidade compre identificar de xeito adecuado o grado de defoliación dunha masa forestal. Para poder facerlo de xeito adecuado, o Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible conta cunha Guía Informativa sobre Defoliación (SLG-MAN-10), ademais de fichas das seguintes enfermidades: A ferruxe do piñeiro, Goniptero, Mycosphaerella, Altica quercetorum, Armillaria, danos nas plantacións de eucalipto nitens, Fusarium circinatum, Lachnellula rehmii, o cancro do castiñeiro e a procesionaria do piñeiro.
Para a loita contra esas enfermidades, elaborouse o Manual de uso de produtos químicos e control de pragas (SLG-MAN-33) que pode contribuír a que esas actuacións se realicen garantindo a sostibilidade da unidade de xestión.
Tamén se elaborou un Manual de boas prácticas na construción e mantemento da rede viaria e outras infraestruturas lineais (SLG-MAN-09) co obxectivo de que sirva de guía para avanzar na mellora continua referida a evitar problemas de deterioro e erosión en pistas e outras infraestruturas lineais.
Por último, e volvendo a falar da Guía sobre fauna, sotobosque, pragas e enfermidades (SLG-MAN-27), nela amósase a fauna e especies de sotobosque que con maior facilidade se poden atopar nos montes do noroeste peninsular. Ademais deste documento, os adscritos e xestores de montes certificados tamén teñen acceso ao Manual de xestión e control da madeira morta (SLG-MAN-32) e ao Manual de medidas urxente post-incendio (SLG-MAN-34).
Todos estes manuais están a disposición dos adscritos e empresas que desenvolvan traballos en montes incluídos en calquera das unidades de xestión forestal que xestione o Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible, podendo ser solicitados en persoa en calquera oficina da Asociación Forestal de Galicia ou SELGA, así como por teléfono a través do número 986660864, ou ben a través de correo electrónico (certificados@selga.es).

Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.

