Tanto o Estándar Español de Xestión Forestal para a Certificación FSC como a Norma UNE 162.002 de Xestión Forestal Sostible establecen que as entidades con certificado de xestión forestal sostible deberán someterse anualmente á realización dunha auditoría externa.
Segundo o Estándar Español de Xestión Forestal para a Certificación FSC, a Entidade de Certificación que leve a cabo a auditoría inicial debe recoller as copias dos documentos e rexistros claves que serán utilizados durante a auditoría, debendo entrar en contacto con partes interesadas, de conformidade ao establecido no Estándar. Con posterioridade, deberá facer unha análise explícita da zona incluída no alcance da avaliación, en función do número de unidades de xestión forestal adscritas. A efectos da mostraxe, utilizaranse os ratios establecidos no estándar correspondente agrupando as unidades de xestión forestal en función da súa similitude. Os conxuntos seleccionaranse para minimizar a variabilidade dentro de cada conxunto en termos de:
No caso de tratarse dunha auditoría do Sistema PEFC, non se diferenciarán as unidades de xestión en función das diferentes características, senón que todas entrarán nun grupo común ao que se lle aplicará o ratio que corresponda. A Entidade de Certificación elixirá os diferentes lugares a visitar durante a auditoría de campo. A modo de exemplo, enuméranse algúns dos diferentes sitios que podería visitar.
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.