No ano 2012 modificouse a Lei de Montes de Galicia mediante a aprobación da Lei 7/2012, de montes de Galicia, de 28 de xuño. Esta Lei, unida á Lei 13/1989, de Montes Veciñais en Man Común de Galicia, o Decreto 260/1992 da Lei de Montes Veciñais en Man Común de Galicia e a Lei 3/2007, de Incendios de Galicia configúranse como a normativa de maior relevancia que todo xestor forestal debe ter en conta en Galicia. Tamén sería de destacar, polas implicacións que pode ter nun determinado momento, a Lei 13/2023, de caza de Galicia.
Por último, calquera dos adscritos ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible pode solicitar o Manual sobre Normativa de Aplicación (documento SLG-MAN-29), onde se poderá encontrar un amplo listado da normativa que pode ter maior ou menor impacto sobre a xestión forestal que realiza o propietario ou xestor.
Todos esta normativa en vigor está a disposición dos adscritos e empresas que desenvolvan traballos en montes incluídos en calquera das unidades de xestión forestal que xestione o Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible. Poden ser solicitados de forma presencial en calquera das oficinas da Asociación Forestal de Galicia ou SELGA, a través de chamada ao número de teléfono 986660864, ou ben por medio do envío dun correo electrónico (certificados@selga.es).
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.