A Entidade de Grupo pon a disposición das persoas ou entidades que queiran entrar no Grupo o formulario de Solicitude de adhesión ao Grupo SELGA Cadea de Custodia (CdC-FOR-01) onde constan unha serie de compromisos que debe aceptar o solicitante para que poida formar parte do Grupo e que están incluídos dentro dos deberes dos membros.
Unha vez presentada a solicitude, iniciarase un proceso para a admisión do membro nos que se levarán a cabo, entre outras, as seguintes actuacións:
Na auditoría de admisión deberanse comprobar diferentes cuestións relacionadas coa maquinaria utilizada polo solicitante, o persoal co que conta e os procesos internos que ten instaurados de xeito que se poida comprobar se é posible aplicar o sistema de cadea de custodia elixido.
No seguinte imaxe amósase, de xeito máis extenso, o esquema do proceso de admisión dun membro no Grupo.
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.