A Asociación Forestal de Galicia, a través da súa empresa SELGA, creou no ano 2010 o Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible cos seguintes obxectivos:
Estes obxectivos veñen reflectidos no compromiso de política do grupo que rexe a xestión que realiza SELGA, Compañía Galega de Silvicultores S.L., na súa condición de Entidade de Grupo. Co fin de acadalos, esta páxina web pretende ser un instrumento que guíe a xestión diaria do membro do Grupo. Para iso, nela danse referencias de diferentes documentos que poden servir como guía na xestión da explotación forestal dos xestores adscritos ao Grupo e que poden solicitar en calquera oficina da Asociación Forestal de Galicia, a través de teléfono, chamando ao número 986660864, ou a través do envío dun correo electrónico (certificados@selga.es).
Ademais, e con eses mesmos obxectivos, estableceuse un protocolo para a resolución de reclamacións, conflitos e queixas de xeito que terceiros, tanto partes afectadas como grupos de interese, poidan poñerse en comunicación coa Entidade de Grupo para trasladarlle observacións que poidan redundar nunha mellora da xestión, tanto a nivel Grupo como a nivel das diferentes unidades de xestión que o conforman. Para iso elaborouse un formulario normalizado para consulta a grupos de interese que permita facer máis efectiva esa comunicación, aínda que poderá utilizarse calquera medio que se estime oportuno. Estes documentos, e a Política do Grupo, poden solicitarse a través das mesmas canles indicadas no parágrafo anterior.
Ademais, respondendo ao obxectivo de transparencia, o Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible porá a disposición de calquera persoa interesada os informes de auditoría que emitan as entidades de certificación, tanto as realizadas á Unidade de Certificación de Grupo PEFC, como á Unidade de Certificación de Grupo FSC ou ao grupo de cadea de custodia.
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.