O control interno dun grupo de certificación convértese nun aspecto crítico ao depender a viabilidade futura dese grupo dese control realizado, xa que permite asegurar a aplicación das normativas e estándares establecidos nos diferentes sistemas de certificación.
O proceso de control de adscritos está desenvolto no Protocolo para auditorías e controis internos (SLG-PRO-05) e, dentro dese proceso de control de adscritos, a Entidade de Grupo ten establecido diferentes procedementos que permitirán ter unha imaxe fiel da composición do Grupo e do cumprimento dos requirimentos dos diferentes sistemas de certificación. No Protocolo de control e auditorías internas do Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible están establecidas tres modalidades de control que facilitarán o cumprimento dos obxectivos establecidos no Grupo, e que serán levados a cabo polo persoal da Entidade de Grupo:
Os adscritos seleccionaranse para a inspección de campo en función dos seguintes criterios:
Co obxectivo de incrementar a eficacia do proceso, no caso de que houbese un elevado número de plans de xestión a verificar, o Departamento Técnico poderá concentrar as auditorías por áreas, comarcas ou provincias, podendo realizarse ao longo do ano, coa intención de conciliar tempos dos técnicos e propietarios que desexen estar presentes durante a avaliación.
A avaliación dos adscritos consistirá nun análise documental e/ou unha inspección de campo. A mostraxe consistirá na avaliación de, cando menos, √n unidades de xestión, sendo n o número de unidades que estean incluídas o último día do ano natural anterior dentro da unidade de certificación de grupo correspondente.
As conclusións e o proceso da inspección de campo téñense que rexistrar no informe de inspección de campo. A información que poidan aportar axentes que non sexan os adscritos terase en conta cando a fonte garante o suficiente nivel de confianza e credibilidade.
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.