A cadea de custodia, tanto PEFC como FSC, persegue proporcionar unha información suficiente que permita aos potenciais compradores seleccionar un produto en base a criterios de sostibilidade, así como segundo outras consideracións. Búscase garantir a trazabilidade do produto certificado dende o bosque ata o consumidor final, incluíndo todas aquelas etapas de transformación, fabricación e distribución nas que o paso á seguinte fase da cadea de subministración implique un cambio de propiedade.
Calquera cambio de propiedade na cadea de subministración require que a respectiva organización estableza un sistema de xestión de cadea de custodia e que este sistema sexa verificado por unha entidade de certificación independente, no caso de que a entidade queira facer unha declaración PEFC ou FSC sobre os seus produtos.
O desenvolvemento e execución dos sistemas de xestión de Cadea de Custodia permiten ás organizacións controlar de maneira efectiva os seus sistemas de transformación e mostrar aos consumidores a orixe dos materiais que compoñen os seus produtos.
Coa creación do Grupo SELGA Cadea de Custodia buscouse dar cumprimento a unha serie de obxectivos:
Con fin de acadar estes obxectivos, SELGA, actuando na súa condición de Entidade de Grupo, creou as seguintes Unidades de Certificación de Cadea de Custodia:
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.