O Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible tamén pon a disposición dos adscritos modelos de contratos onde se establezan as obrigas e dereitos que asume a propiedade ou xestor cun determinado acordo. Neste sentido, pódense destacar os seguintes modelos de contratos:
Tendo en conta a tipoloxía do propietario ou xestor de monte en Galicia, que resulta moi variable, os contratos acabarán tendo que adecuarse a esa variabilidade debendo quedar definidas as seguintes cuestións:
A cesión dos dereitos cinexéticos pode ser de balde ou a cambio dunha contraprestación económica. En ámbolos dous casos, convén formalizar un contrato no que se especifique con claridade como se vai a desenvolver a xestión dos dereitos cinexéticos e como pode afectar isto ao desenvolvemento das labores silvícolas e ás responsabilidades de cada unha das partes.
É moi común que nas superficies forestais se fagan captacións de gran número de mananciais, uso que habitualmente non está documentado por contrato. Esta falta de concreción nun contrato pode provocar que no futuro se poidan producir conflitos entre os propietarios e os beneficiarios desas captacións, que poden chegar a afectar de xeito negativo á explotación forestal.
A gran superficie que é necesaria para a instalación de infraestruturas como un campo de futbol, por exemplo, fai necesario en moitas ocasións que se acaben instalando en superficie forestal. Como son infraestruturas de custe elevado e con períodos de ocupación moi prolongados, convén que se redacten contratos de cesión de uso ou arrendamento que aclaren as responsabilidades que asume cada parte, a duración do contrato e o procedemento para solucionar as posibles discrepancias que puidesen aparecer.
Trátase de modelos de contrato onde deben quedar establecidas con claridade as obrigas e dereitos de cada unha das partes, así como delimitar as súas responsabilidades tanto nos traballos de corta e saca ou trituración de restos, como nos traballos vinculados coa solicitude de permisos e autorizacións.
Todos estes modelos de contratos están a disposición dos adscritos, técnicos e empresas que desenvolvan traballos en montes incluídos en calquera das unidades de xestión forestal que xestione o Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible. Poden ser solicitados de forma presencial en calquera das oficinas da Asociación Forestal de Galicia ou SELGA, a través de chamada telefónica ao número 986660864, ou ben a través do envío dun correo electrónico (certificados@selga.es).
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.