Faise necesario facer constar tódolos incumprimentos identificados durante a avaliación no correspondente informe e listas de control asociadas. Cada un deses incumprimentos será avaliado para determinar se constitúe un incumprimento menor ou maior, segundo as diferentes normas de certificación.
A Entidade de Grupo ten que determinar as responsabilidades, as medidas correctivas e o procedemento a seguir para o control efectivo das non conformidades ou desviacións observadas. As desviacións ou non conformidades identificadas poden agruparse na seguinte caracterización:
Desviacións do sistema que non constitúen en verdadeiros incumprimentos, aínda que se considera pertinente advertirlle ao adscrito da conveniencia de rectificala situación para evitar unha non conformidade futura.
Un incumprimento será considerado como unha non conformidade menor si:
Un incumprimento será considerado como unha non conformidade maior si:
As medidas correctivas que se propoñan teñen que corresponder ao alcance do problema e ser adecuadas, podendo os técnicos da Entidade de Grupo orientar ao Adscrito sobre as medidas correctivas más oportunas en función da non conformidade detectada.
Transcorrido o prazo de realización das accións correctivas, o Departamento Técnico verificará o correcto peche da desviación encontrada, utilizando como soporte de proba un informe técnico ou calquera outro método que considere oportuno segundo a acción correctiva, incluíndo as visitas de verificación.
No caso de atoparse nun proceso de auditoría externa, a Entidade de Certificación deberá considerar o impacto do incumprimento, tendo en conta a fraxilidade e a singularidade dos recursos forestais, avaliando se o incumprimento causa ou pode derivar nun fallo ou falta fundamental para lograr os obxectivos na norma de certificación que corresponda.
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.