Un grupo de certificación forestal debe contar cun procedemento de control claro que permita a tódolos adscritos coñecer como debe ser a súa relación co mesmo. O Procedemento de Control (código XFS-PRO-01) de SELGA Xestión Forestal Sostible leva tido pequenas variacións dende a primeira versión elaborada no mes de xuño de 2010, sobre todo derivado das adaptacións que foi necesario realizar para ter en conta os diferentes cambios da norma PEFC e dos estándares FSC. Na actualidade conta cos seguintes capítulos:
Como resume para as persoas e entidades adscritas ao Grupo SELGA Xestión Forestal Sostible, elaborouse un Manual de Membro (SLG-MAN-11) que conta coa información máis relevante para o adscrito, de xeito que teña nun só documento todo o relativo ao proceso de certificación, deberes, dereitos, organización do grupo e o proceso de control de adscritos. Este manual pode ser solicitado pola persoa adscrita en calquera oficina da Asociación Forestal de Galicia, a través de chamada ao teléfono 986660864, ou ben por correo electrónico (certificados@selga.es).
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.