A Entidade de Grupo ten a obriga de facer cumprir os estándares e normas de certificación forestal, poñendo especial coidado en aspectos críticos como pode ser unha adecuada trazabilidade do produto certificado, tendo a necesidade de establecer un procedemento claro que garanta que tódolos adscritos sexan conscientes dos pasos a dar segundo sexan as circunstancias da operación do aproveitamento a realizar.
Derivado de todo isto, estableceuse un Protocolo para garantir a trazabilidade do produto certificado (SLG-PRO-04), no que se elaboraron unha serie de modelos normalizados que servirán para dar validez ao produto certificado obtido ou que se obterá nun determinado aproveitamento. O informe sobre a cantidade de produto certificado que se acaba extraendo dunha determinada unidade de xestión aporta información sobre a especie extraída, pudendo a partir dela, contrastar dentro do sistema de cadea de custodia a realizade da trazabilidade dun determinado produto.
O conxunto de documentos relacionados cunha determinada operación debe poder aportar a seguinte información:
Preme no seguinte enlace para validar certificados anteriores a 2022
Escribe a continuación o código para verificar o teu certificado.