Auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible
A auditoría levarase a cabo entre os días 3 e 16 de xullo de 2025 e co seguinte PLAN DE AUDITORÍA:
- Xoves (3 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as UG a visitar;
- Venres (4 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as UG a visitar;
- Martes (8 de xullo): Visita a UG 1 a 7, na provincia de Ourense;
- Mércores (9 de xullo): Visita a UG 8 e 9, na provincia de Ourense;
- Xoves (10 de xullo): Visita a UG 10 a 14, na provincia de Lugo;
- Venres (11 de xullo): Visita a UG 15, na provincia de Lugo, e UG 16 a UG 20 en Asturias;
- Mércores (16 de xullo): Asuntos pendentes, procedemento de control de adscritos e auditorías internas. Elaboración de informe e a súa lectura.
Para a elección das fincas a visitar tivéronse en conta tanto as características dos montes en relación á especie e características singulares, os traballos levados a cabo recientemente, así como a rotación entre provincias, repetíndose un dos montes vistos no anterior ciclo de certificación xa que está próxima a súa renovación. Os montes a visitar son os seguintes:
- 08663-002 (0,1023 ha). Concello de Toén (Ourense)
- 04487-003 (1,2730 ha). Concello de A Veiga (Ourense)
- 04487-002 (1,3749 ha). Concello de A Veiga (Ourense)
- 04487-001 (2,1780 ha). Concello de A Veiga (Ourense)
- 10738-001 (0,9626 ha). Concello de Sarreaus (Ourense)
- 10739-001 (1,2047 ha). Concello de Sarreaus (Ourense)
- 09556-004 (0,3680 ha). Concello de Rairiz de Veiga (Ourense)
- 08864-001 (703,6031 ha). Concello de Beariz (Ourense)
- 08615-001 (279,9076 ha). Concello de Muíños (Ourense)
- 08066-001 (59,9703 ha). Concello de A Pobra de Brollón (Lugo)
- 08915-001 (151,8331 ha). Concello de Monterroso (Lugo)
- 10308-001 (5,0896 ha). Concello de Mondoñedo (Lugo)
- 07286-007 (0,5261 ha). Concello de Ribadeo (Lugo)
- 10424-001 (0,7577 ha). Concello de Ribadeo (Lugo)
- 10560-001 (59,9377 ha). Concello de Ribadeo (Lugo)
- 06327-001 (0,5245 ha). Concello de El Franco (Asturias)
- 09755-001 (2,8962 ha). Concello de Vegadeo (Asturias)
- 06225-001 (4,3171 ha). Concello de Vegadeo (Asturias)
- 06225-002 (3,2231 ha). Concello de Vegadeo (Asturias)
- 06413-001 (8,2516 ha). Concello de Castropol (Asturias)
Para calquera aportación que queira facer en relación á xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificacion@selga.es. As aportación recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


