Auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo FSC de SELGA Xestión Forestal Sostible
A auditoría levarase a cabo entre os días 7 e 15 de novembro de 2022 e co seguinte PLAN DE AUDITORÍA:
- Luns (7 de novembro): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia e visita ás UG 1 a 3;
- Martes (8 de novembro): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia e visita ás UG 4 a 6;
- Mércores (9 de novembro): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia e visita ás UG 7 a 10;
- Xoves (10 de novembro): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia e visita ás UG 11 a 15;
- Venres (11 de novembro): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia e visita ás UG 16 a 19;
- Luns (14 de novembro): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia e visita ás UG 20 a 26;
- Martes (15 de novembro): Asuntos pendentes, procedemento de control de adscritos e auditorías internas. Elaboración de informe e a súa lectura.
Para a elección das fincas a visitar tivéronse en conta tanto as características dos montes en relación á especie e características singulares, os traballos levados a cabo recientemente, así como a rotación entre provincias, repetíndose un dos montes vistos no anterior ciclo de certificación xa que está próxima a súa renovación. Os montes a visitar son os seguintes:
- 08538-001 (116,9076 ha). Concello de As Neves (Pontevedra)
- 07590-001 (164,9074 ha). Concello de Crecente (Pontevedra)
- 00012-001 (165,3723 ha). Concello de Ponteareas (Pontevedra)
- 07836-001 (151,3700 ha). Concello de O Rosal (Pontevedra)
- 08542-001 (51,9086 ha). Concello de Salceda de Caselas (Pontevedra)
- 08426-001 (132,6460 ha). Concello de Redondela (Pontevedra)
- 07812-001 (0,2039 ha). Concello de Agolada (Pontevedra)
- 07349-005 (1,0769 ha). Concello de Lalín (Pontevedra)
- 08091-001 (124,3614 ha). Concello de Vila de Cruces (Pontevedra)
- 06813-001 (2,6591 ha). Concello de Vila de Cruces (Pontevedra)
- 08487-001 (83,8037 ha). Concello de A Pontenova (Lugo)
- 07332-002 (3,9725 ha). Concello de A Pontenova (Lugo)
- 01670-002 (4,1135 ha). Concello de Mondoñedo (Lugo)
- 08191-001 (566,0881 ha). Concello de O Valadouro (Lugo)
- 08557-001 (0,4008 ha). Concello de Riotorto (Lugo)
- 08491-005 (2,7610 ha). Concello de Guntín (Lugo)
- 07053-001 (66,8782 ha). Concello de Lugo (Lugo)
- 08915-001 (153,8827 ha). Concello de Monterroso (Lugo)
- 06950-001 (5,6845 ha). Concello de Outeiro de Rei (Lugo)
- 08810-001 (1,3422 ha). Concello de Abadín (Lugo)
- 08080-001 (1,4409 ha). Concello de Cospeito (Lugo)
- 08629-001 (7,6432 ha). Concello de Guitiriz (Lugo)
- 08626-001 (0,6814 ha). Concello de Muras (Lugo)
- 08788-001 (1,1263 ha). Concello de Pol (Lugo)
- 06863-001 (2,3333 ha). Concello de Vilalba (Lugo)
- 09212-001 (8,5573 ha). Concello de Xermade (Lugo)
Para calquera aportación que queira facer en relación á xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo FSC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificacion@selga.es. As aportación recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.