Auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible
A auditoría levarase a cabo entre os días 7 e 15 de xullo de 2022 e co seguinte PLAN DE AUDITORÍA:
- Xoves (7 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as UG 1 ao 7;
- Venres (8 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as UG 8 a 14;
- Luns (11 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as UG 15 a 19, así como visita ás UG 1 a 5;
- Martes (12 de xullo): Visita ás UG 6 a 10;
- Mércores (13 de xullo): Visita ás UG 11 a 15;
- Xoves (14 de xullo): Visita ás UG 16 a 19, así como revisión da documentación derivada de visitas de campo;
- Venres (15 de xullo): Asuntos pendentes, procedemento de control de adscritos e auditorías internas. Elaboración de informe e a súa lectura.
Para a elección das fincas a visitar tivéronse en conta tanto as características dos montes en relación á especie e características singulares, os traballos levados a cabo recientemente, así como a rotación entre provincias, repetíndose un dos montes vistos no anterior ciclo de certificación xa que está próxima a súa renovación. Os montes a visitar son os seguintes:
- 05422-001 (0,5023 ha). Concello de Ferrol (A Coruña)
- 00883-004 (1,0358 ha). Concello de Moeche (A Coruña)
- 02750-005 (0,6551 ha). Concello de Ortigueira (A Coruña)
- 04253-009 (0,0905 ha). Concello de Cariño (A Coruña)
- 04400-002 (0,1886 ha). Concello de Cariño (A Coruña)
- 08091-001 (124,3614 ha). Concello de Vila de Cruces (Pontevedra)
- 08813-001 (2.6591 ha). Concello de Vila de Cruces (Pontevedra)
- 04643-001 (2,6019 ha). Concello de Lalín (Pontevedra)
- 05169-002 (8.0016 ha). Concello de Lalín (Pontevedra)
- 08313-001 (60,8301 ha). Concello de Campo Lameiro (Pontevedra)
- 08287-001 (66,0656 ha). Concello de Padrón (A Coruña)
- 05570-001 (4,8229 ha). Concello de Santiago de Compostela (A Coruña)
- 07841-001 (0,1679 ha). Concello de Abegondo (A Coruña)
- 06299-002 (1,2942 ha). Concello de Abegondo (A Coruña)
- 08048-001 (130,8606 ha). Concello de Culleredo (A Coruña)
- 07802-001 (39,3216 ha). Concello de Boimorto (A Coruña)
- 07024-005 (8,5205 ha). Concello de Mesía (A Coruña)
- 08049-001 (0,6941 ha). Concello de Frades (A Coruña)
- 07912-001 (0,8787 ha). Concello de Boimorto (A Coruña)
Para calquera aportación que queira facer en relación á xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que está a facer calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificacion@selga.es. As aportación recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.