Auditoría de seguimento da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de SELGA Xestión Forestal Sostible
A auditoría levarase a cabo entre os días 10 e 16 de xullo de 2026 e co seguinte PLAN DE AUDITORÍA:
- Venres (10 de xullo): Revisión do cumprimento dos indicadores da norma de referencia para as UG a visitar;
- Martes (14 de xullo): Visita a UG 1 a UG 10 dos distritos I, III e XVI;
- Mércores (15 de xullo): Visita a UG 11 a UG 18 dos distritos III, IV e XVII;
- Xoves (16 de xullo): Visita a UG 19 a UG 22 do distrito XVI e revisión do sistema e peche.
Para a elección das fincas a visitar tivéronse en conta tanto as características dos montes en relación á especie e características singulares, os traballos levados a cabo recientemente, así como a rotación entre provincias, repetíndose un dos montes vistos no anterior ciclo de certificación xa que está próxima a súa renovación. Os montes a visitar son os seguintes:
- 07035-001 (0,1049 ha). Concello de Ferrol (A Coruña)
- 07082-003 (0,0739 ha). Concello de Ferrol (A Coruña)
- 09413-001 (0,2527 ha). Concello de Valdoviño (A Coruña)
- 11582-001 (0,8318 ha). Concello de Moeche (A Coruña)
- 10639-001 (2,7672 ha). Concello de Frades (A Coruña)
- 09616-002 (0,2552 ha). Concello de Sobrado (A Coruña)
- 09985-001 (234,6589 ha). Concello de Forcarei (Pontevedra)
- 10400-001 (0,6001 ha). Concello de Rodeiro (Pontevedra)
- 09613-003 (2,2325 ha). Concello de Rodeiro (Pontevedra)
- 09613-001 (9,3817 ha). Concello de Rodeiro (Pontevedra)
- 08131-001 (2,0845 ha). Concello de Arzúa (A Coruña)
- 06421-001 (0,5751 ha). Concello de Arzúa (A Coruña)
- 08342-001 (1,7458 ha). Concello de Touro (A Coruña)
- 07717-003 (3,2354 ha). Concello de Santiso (A Coruña)
- 09960-001 (749,2038 ha). Concello de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
- 10629-001 (57,3415 ha). Concello de As Neves (Pontevedra)
- 00050-002 (13,9239 ha). Concello de As Neves (Pontevedra)
- 00071-002 (5,1751 ha). Concello de Ponteareas (Pontevedra)
- 11163-001 (2,2204 ha). Concello de Agolada (Pontevedra)
- 10963-001 (0,1427 ha). Concello de Agolada (Pontevedra)
- 10847-003 (0,1212 ha). Concello de Agolada (Pontevedra)
- 10847-002 (1,1369 ha). Concello de Agolada (Pontevedra)
Para calquera achega que queira facer en relación á xestión que a Entidade de Grupo está a facer da Unidade de Certificación de Grupo PEFC de Xestión Forestal ou a xestión interna que desenvolve calquera dos seus membros, pódese poñer en contacto con nós a través do correo certificacion@selga.es. As aportación recibidas seranlle remitidas á Entidade de Certificación para a súa avaliación.


